O auditorio municipal de Vigo acollerá os próximos 24 e 25 de outubro as Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación, que congregarán a 175 profesionais e expertos. O obxectivo é difundir os coñecementos máis innovadores sobre a eficiencia e aforro no alumeado que permitan ás administracións un uso enerxético máis eficiente.
Tal e como indicou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, na rolda de prensa, Vigo ten que continuar a ser un exemplo de modernidade e estas xornadas servirán para contrastar coñecementos técnicos para que Vigo siga a ser unha cidade "intelixentemente eficiente". Insistiu o alcalde na "necesidade de escoitar á profesión para ver como se pode facer iluminación máis eficiente".
Pola súa banda, o concelleiro de Fomento, David Regades, resaltou que Vigo é referente de eficiencia enerxética en Galicia e en España pola posta en marcha de medidas que teñen permitido diminuír o 10% o gasto en iluminación en so un ano. Referiuse á elaboración do mapa lumínico, que facilita unha radiografía exacta de todos os puntos de luz da cidade; á unha nova ordenanza sobre instalacións de alumeado público ou á posta en marcha de enerxías alternativas, como 4 aeroxeradores. Na súa opinión, estas iniciativas determinan o compromiso do Concello co aforro enerxético.
Contido das xornadas
Pola súa banda, o delegado en Vigo do Colexio de Enxeñeiros Industriais, Roberto Carlos González Fernández, sinalou que “a nosa idea é que estas xornadas se convertan nunha cita anual, que se pon en marcha en Vigo e que despois trataremos de organizar nas demais cidades de Galicia”. Estas primeiras Xornadas Técnicas Galegas de Iluminación están organizadas polo Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, polo Concello de Vigo e pola Axencia de Enerxía de Vigo (Faimevi).
Mércores 24 de outubro:
09:15 Acreditación. Recollida de
documentación.
10:00 Apertura
a cargo do alcalde
alcalde de Vigo, Abel Caballero Álvarez
10:20 “Historia e presente da luz.
A eficiencia”. Santiago Erice. PHILIPS-INDAL
11:10 “Iluminación de Túneles. Descarga fronte a
Leds”. Diego Antón Gamazo e Jorge Manuel Fanlo, CARANDINI Iluminación
12:00 Pausa. Café.
12:30 “Sostenibilidade, seguridade, eficiencia e
economía no alumeado público”. Guillermo Redrado e Andrés Armañanzas, ATP
Iluminación.
13:20 “Modelo ESE. A experiencia de Alcorcón”.
Fernando Flores Aguilar-Amat. Grupo ETRA.
14:10 Final sesión mañá.
16:30 “Boas praxes para garantir e maximizar a
eficiencia das instalacións de alumeado”.
Anna Urbiztondo e Antonio
Santamaría. ARELSA. Armarios Eléctricos, S.A.
17:20 “Sistema de Telecontrol de Alumeado como
plataforma de xestión municipal: Smart City”. Raúl Alonso Romero. ImesAPI.
Servicios-Movilidad.
18:10 “Ferramentas para a análise e control da
eficiencia enerxética”. Carlos Jose Vives Nebot. AFEI, Sistemas y
Automatización, S.A
19:00 Fin da xornada.
21:30 Cea de confraternidade. Restaurante Mar de
Vigo no Pazo de Congresos Mar de Vigo. Avenida de Beiramar 59. Vigo.
Xoves 25 de outubro:
10:00 “A luz xusta. Eficiencia enerxética no
alumeado exterior”. Miguel Ángel Ramos e
Ana Garcia-Baños. SOCELEC Iluminación
10:50 “Aplicación de telemedida e comunicacións
ao mundo do alumeado”. Iago Martínez Garrido. EDIGAL Edison Galicia
11:40 Pausa. Café.
12:10 “Protexendo a luz do futuro. Deseño e
desenvolvemento de luminarias LED eficientes e fiables”. Jorge R. Lameiro e
Miguel A. Silva. SETGA S.L.U.
13:00 “Guía de criterios básicos para aforrar
enerxía en alumeado público”. Teresa Núñez e Javier Elizalde. SALVI
Iluminación
13:50 Final sesión mañá.
16:30 “A importancia de coñecer o entorno urbano
para obter a máxima eficiencia enerxética”.
Juan Ros Casanovas. ROS Iluminación
17:20 Mesa redonda: “Auditorías de alumeado
público, ferramentas de desenvolvemento e análise”.
Auditorías: Ana Belén Albo López, FAIMEVI
Desenvolvemento: Modelo servizos
enerxéticos. Jose Luis Álvarez.
ENERGYLAB
Análise: simulacións e software de
aplicación. Camilo Carrillo González. Universidade de Vigo.
19:00 Clausura
polo concelleiro de Fomento, David Regades.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los lectores son responsables de los comentarios que publican y el ICOIIG se reserva la posibilidad de moderarlos en los siguientes casos:
- comentarios difamatorios, vejatorios, insultantes, injuriantes o contrarios a las leyes españolas.
- lenguaje soez. Los comentarios deben ser respetuosos y no podrán incluir amenazas ni ataques personales a nadie.
- comentarios que puedan ser considerados spam, publicidad comercial o material protegido por derechos de autor.
- comentarios enviados por robots o programas informáticos.
El ICOIIG se reserva la posibilidad de emprender las medidas legales oportunas si se lesionasen derechos de los colegiados en alguno de los comentarios del blog, responsabilizándose civil o penalmente el autor material de los mismos.