martes, 17 de febrero de 2015

A Delegación de Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia celebra o seu 35 aniversario homenaxeando aos colexiados máis veteranos


A Delegación de Santiago de Compostela do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) vén de celebrar o seu 35 aniversario cunha cea, celebrada no restaurante Manso, á que asistiron numerosos colexiados. Un acto no que se fixo unha homenaxe aos cinco colexiados máis veteranos adscritos á Delegación de Santiago e que levan máis de 35 anos como colexiados, xa que se colexiaron incluso antes da creación da propia delegación compostelá.

Os cinco homenaxeados foron:
  • Camilo Nogueira Román, político e economista. Foi deputado autonómico e eurodeputado.
  • Xan López Facal, político e economista. Foi director económico-financeiro de SODIGA, profesor da USC e deputado autonómico.
  • Xosé Manuel Arufe Rieiro, político e empresario. Foi elixido alcalde de Santa Comba nas primeiras eleccións democráticas e foi presidente da asociación de empresarios de Santa Comba.
  • Jaime Ángel Campo, enxeñeiro industrial que desenvolveu a súa actividade profesional na CRTVG e que foi subdelegado e delegado da Delegación de Santiago durante varios anos.
  • Vicente Villar Vaamonde, enxeñeiro industrial dedicado ao exercicio libre da profesión. Ten traballado en distintos sectores (forestal, obra civil, minería, naval, industrial...) tanto en Galicia como a nivel internacional, sendo durante moitos anos o enxeñeiro industrial que máis proxectos visaba no Colexio. 

Achega para Galicia 

Na súa quenda de intervencións, todos os homenaxeados coincidiron en agradecer a homenaxe, defender a importancia do enxeñeiro industrial no desenvolvemento da nosa sociedade e en solicitar un maior uso do idioma galego nas comunicacións internas e externas do Colexio.

Así, Camilo Nogueira asegurou que o Colexio “non é só para defender os dereitos desta profesión. Se os enxeñeiros industriais galegos tiveramos conciencia de país seriamos unha achega fundamental para o noso país”, polo que instou aos colexiados a “defender o que somos e o que podemos ser”. Pola súa banda, Vicente Villar Vaamonde quixo facer un triplo recoñecemento: “A la generación que nos precedió, que fue la que fundó el Colegio. A mi generación, que lo mantuvimos. Y a los jóvenes, que sois el futuro”.

Intercambio de experiencias 

Pola súa banda, o delegado en Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Fernando Blanco, escusou a moitos colexiados composteláns que non puideron sumarse a esta celebración, sinalando que “nos gustaría seguir facendo este tipo de recoñecemento a uns profesionais desta categoría, pois son toda unha fonte de información e de know-how que é de especial interese para os recén chegados ao Colexio”.

Finalmente, o decano do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento, agradeceu o convite realizado pola Delegación de Santiago da que dixo “neste último ano ten dado un importante salto de calidade en canto á organización de actividades e cursos formativos que están a proxectar ao colexio na sociedade”. Sarmiento Díez tamén felicitou aos homenaxeados, de quen dixo que “sodes o espello no que nos miramos. Esperamos poder seguir o voso exemplo”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los lectores son responsables de los comentarios que publican y el ICOIIG se reserva la posibilidad de moderarlos en los siguientes casos:

- comentarios difamatorios, vejatorios, insultantes, injuriantes o contrarios a las leyes españolas.
- lenguaje soez. Los comentarios deben ser respetuosos y no podrán incluir amenazas ni ataques personales a nadie.
- comentarios que puedan ser considerados spam, publicidad comercial o material protegido por derechos de autor.
- comentarios enviados por robots o programas informáticos.

El ICOIIG se reserva la posibilidad de emprender las medidas legales oportunas si se lesionasen derechos de los colegiados en alguno de los comentarios del blog, responsabilizándose civil o penalmente el autor material de los mismos.