miércoles, 10 de junio de 2015

Economía e Industria destaca o amplo marco de oportunidades aberto pola RIS3 para os enxeñeiros industriais galegos

O director da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Manuel Varela Rey, destacou hoxe nun almorzo de traballo na delegación de Santiago do Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG) o extenso marco de oportunidade profesional aberto pola Estratexia de Especialización Intelixente - RIS3 para este colectivo. Un acto que estivo presidido polo decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento Díez, e polos delegados do Colexio en Santiago, Fernando Blanco, e A Coruña, Francisco Bello.

Segundo sinalou Manuel Varela, a transversalidade das competencias dos enxeñeiros industriais sitúano nunha posición idónea para responder, sobre todo desde o tecido empresarial, aos retos de innovación establecidos na RIS3. “A execución desta Estratexia está a cumprir as expectativas. A capacidade das medidas adoptadas para crear emprego de calidade, un factor do que en boa medida se está a beneficiar o colectivo da enxeñaría, convértese nunha das maiores satisfaccións”, sinalou Varela Rey. O director da GAIN expuxo as liñas de actuación do seu departamento para os vindeiros anos, centradas en executar os programas asociados á RIS3, na que se establecen as prioridades de innovación para Galicia ata 2020.

Neste marco, Varela Rey definiu o papel da Xunta como axente de acompañamento no desenvolvemento do talento científico, na mellora da transferencia de coñecemento ao mercado e na actividade empresarial innovadora en todas as súas etapas. “As novidosas medidas postas en marcha para canalizar estas prioridades están a permitirlle a Galicia demostrar que pode posicionarse de maneira forte e coordinada na economía do coñecemento, cun cambio de modelo produtivo baseado na innovación que lle permite ser competitiva a nivel global”, afirmou.

Na RIS3 recóllense explicitamente como prioridades do reto relativo á industria o impulso da economía do coñecemento e a mellora da competitividade industrial mediante a innovación nos procesos produtivos. Segundo explicou Varela, a construción do modelo industrial do futuro, recollido na Axenda da Competitividade Galicia - Industria 4.0 da Xunta, precisa da experiencia e da capacidade dos enxeñeiros galegos. Sen embargo, engadiu que o percorrido deste colectivo na RIS3 transcende este reto e ten tamén un papel relevante noutros, como os relativos á modernización dos sectores primarios ou o aproveitamento enerxético dos recursos naturais.

O director da Axencia Galega de Innovación sinalou ás pemes galegas como unha contorna de especial proxección a nivel de crecemento e creación de emprego cualificado. As medidas de apoio á innovación empresarial ligadas á RIS3 están maioritariamente destinadas a mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, unha prioridade para a que é necesario incorporar perfís expertos aos seus cadros de persoal.

Programas en marcha

Nesta liña situou programas xa en marcha, como o Conecta Pemes, o primeiro programa específico de innovación dirixido ás pemes, que desde 2013 mobilizou 46 millóns de euros, con 245 empresas beneficiarias e a creación de 638 empregos a través de 60 proxectos innovadores. Durante este ano, está previsto convocar unha nova edición deste programa.

Tamén explicou a nova convocatoria do programa FEDER-Interconecta, con 110 millóns de euros dispoñibles logo de mobilizar en Galicia en anteriores edicións máis de 210 millóns grazas a proxectos en colaboración entre empresas e centros tecnolóxicos e de investigación. “O esforzo para lograr unha programación conxunta co Estado está a dar os seus froitos en termos de eficiencia do gasto público e de acceso das empresas ás axudas”, valorou o director da Axencia.

Este impulso á colaboración entre empresas e centros de coñecemento, unido ao obxectivo de atraer capital privado á I+D+i galega, vese reforzado polas Unidades Mixtas de Innovación. A través de dúas convocatorias lanzadas nun prazo inferior a un ano, estanse a mobilizar máis de 70 millóns de euros para xerar innovacións de alto impacto en sectores estratéxicos para a economía galega, segundo desglosou Varela Rey.

Próximo encontro 

O decano do ICOIIG, Oriol Sarmiento Díez, agradeceu a presenza de Manuel Varela nestes almorzos de traballo postos en marcha na Delegación de Santiago do ICOIIG e emprazouno para un novo seminario a celebrar a principios de setembro sobre o desenvolvemento do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas, xa que “pode ser un foco de traballo e desenvolvemento para as empresas galegas innovadoras nos próximos anos no ámbito dos avións non tripulados”.

Neste sentido, Sarmiento Díez lembrou que o Colexio de Enxeñeiros Industriais de Galicia xa ten realizado varias iniciativas formativas sobre esta cuestión e agradeceu a dispoñibilidade de Manuel Varela para seguir afondando nesta temática. Así mesmo, os demais enxeñeiros industriais presentes na xornada aproveitaron para trasladarlle a Manuel Varela os problemas cos que se atopan á hora de facer I+D+i dende as súas respectivas empresas e interesáronse especialmente polas axudas á innovación de procesos e polas bonificacións fiscais vencelladas ao I+D+i.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los lectores son responsables de los comentarios que publican y el ICOIIG se reserva la posibilidad de moderarlos en los siguientes casos:

- comentarios difamatorios, vejatorios, insultantes, injuriantes o contrarios a las leyes españolas.
- lenguaje soez. Los comentarios deben ser respetuosos y no podrán incluir amenazas ni ataques personales a nadie.
- comentarios que puedan ser considerados spam, publicidad comercial o material protegido por derechos de autor.
- comentarios enviados por robots o programas informáticos.

El ICOIIG se reserva la posibilidad de emprender las medidas legales oportunas si se lesionasen derechos de los colegiados en alguno de los comentarios del blog, responsabilizándose civil o penalmente el autor material de los mismos.