O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), no que o decano do ICOIIG é
vicepresidente, mantivo onte unha reunión co presidente da Xunta de Galicia,
Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O
obxectivo deste encontro era presentar o recentemente creado ente e plantexar
as súas meirandes inquedanzas relacionadas co sector da enxeñería na comunidade
galega.
Á esta cita acudiron todos os membros da xunta directiva do CGES, liderados
polo seu presidente, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños,
Canais e Portos, Ricardo Babío Arcay, e o vicepresidente, o decano do Colexio
Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento. Estiveron
acompañados polo secretario da entidade, o decano do Colexio Oficial de
Enxeñeiros Agrónomos de Gailcia, Pedro Calaza Martínez; o vicesecretario, o
decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón
Bermúdez de Castro Olavide; o tesoureiro, o decano do Colexio Oficial de
Enxeñeiros de Minas de Galicia, Juan José Iglesias Suárez; o contador, o
delegado en Galicia do Colexio de Enxeñeiros ICAI, Antonio Murillo Roldán; e os
vogais, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de
Galicia, Javier Pamies Durá, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de
Montes de Galicia, Juan Picos Martín.
Segundo indicou Ricardo Babío, “esta primera toma de contacto servíu para
presentar ao presidente da Xunta o Consello, que representa a máis de 5.000
profesionais de toda a comunidade autónoma cunha cualificación do máis alto
nivel. Ao mesmo tempo, ofrecemos a nosa colaboración para desenvolvemento de
grandes proxectos”, prestando a súa experiencia e profesionalidade sobre o
estudio de adxudicacións, entre outras cuestións. Pola súa banda, Oriol
Sarmiento transmitiu na reunión que “os enseñeiros son un activo moi importante
para atraer investimentos industriais a Galicia”.
As grandes infraestruturas de Galicia centraron parte deste encontro cos
representantes do Consello Galego de Enxeñerías. Entre elas non faltaron a
chegada do AVE, os aeroportos e os portos da comunidade autónoma. Babío
salientou a “grande receptividade” do presidente da Xunta e da conselleira de
Infraestruturas a todas as propostas plantexadas dende esta entidade.
Por outra banda, Alberto Núñez Feijóo amosouse moi interesado pola
industria forestal, e polo desenvolvemento industrial e pola captación de
inversión para Galicia. Sobre esta última cuestión, o vicepresidente do CGES,
Oriol Sarmiento, explicou que “o enxeñereiros somos os principais activos para
situar á nosa comunidade coma referente a nivel internacional e atraer maior
número de inversores”. Unhas liñas nas que agardan colaborar estreitamente para
obter os meirandes beneficios para o conxunto da comunidade autónoma. Sarmiento
tamén felicitou ao executivo autonómico polos esforzos realizados en materia de
innovación e internacionalización.
Finalmente, dende o CGES plantexaron a súa preocupación pola calidade da
formación e os criterios de contratación do profesorado nas Escolas Técnicas de
Enxeñería.
A voz da enxeñería en
Galicia
O CGES naceu co principal obxectivo de ser a voz das diferentes ramas da enxeñería
en Galicia, potenciando o traballo interdisciplinar e expoñendo as inquedanzas
do sector ante os organismos públicos e privados. Entre os seus propósitos atópanse
tamén avanzar na prospección da evolución científica e tecnolóxica en Galicia,
desenvolvendo o I+D+i. A estos labores cómpre engadir a elaboración de informes
e dictámenes sobre os asuntos que se lle sometan a estudo por parte das
Administracións, entidades, corporacións e persoas físicas e xurídicas
radicadas en Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Los lectores son responsables de los comentarios que publican y el ICOIIG se reserva la posibilidad de moderarlos en los siguientes casos:
- comentarios difamatorios, vejatorios, insultantes, injuriantes o contrarios a las leyes españolas.
- lenguaje soez. Los comentarios deben ser respetuosos y no podrán incluir amenazas ni ataques personales a nadie.
- comentarios que puedan ser considerados spam, publicidad comercial o material protegido por derechos de autor.
- comentarios enviados por robots o programas informáticos.
El ICOIIG se reserva la posibilidad de emprender las medidas legales oportunas si se lesionasen derechos de los colegiados en alguno de los comentarios del blog, responsabilizándose civil o penalmente el autor material de los mismos.