miércoles, 21 de diciembre de 2016

O Consello Galego de Enxeñerías reúnese co presidente da Xunta e a conselleira de Infraestruturas e ofrece a súa colaboración para o desenvolvemento de grandes proxectos


O Consello Galego de Enxeñerías (CGES), no que o decano do ICOIIG é vicepresidente, mantivo onte unha reunión co presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez. O obxectivo deste encontro era presentar o recentemente creado ente e plantexar as súas meirandes inquedanzas relacionadas co sector da enxeñería na comunidade galega.
Á esta cita acudiron todos os membros da xunta directiva do CGES, liderados polo seu presidente, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos, Ricardo Babío Arcay, e o vicepresidente, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Oriol Sarmiento. Estiveron acompañados polo secretario da entidade, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Gailcia, Pedro Calaza Martínez; o vicesecretario, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Ramón Bermúdez de Castro Olavide; o tesoureiro, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Minas de Galicia, Juan José Iglesias Suárez; o contador, o delegado en Galicia do Colexio de Enxeñeiros ICAI, Antonio Murillo Roldán; e os vogais, o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais e Oceánicos de Galicia, Javier Pamies Durá, e o decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros de Montes de Galicia, Juan Picos Martín.
Segundo indicou Ricardo Babío, “esta primera toma de contacto servíu para presentar ao presidente da Xunta o Consello, que representa a máis de 5.000 profesionais de toda a comunidade autónoma cunha cualificación do máis alto nivel. Ao mesmo tempo, ofrecemos a nosa colaboración para desenvolvemento de grandes proxectos”, prestando a súa experiencia e profesionalidade sobre o estudio de adxudicacións, entre outras cuestións. Pola súa banda, Oriol Sarmiento transmitiu na reunión que “os enseñeiros son un activo moi importante para atraer investimentos industriais a Galicia”.
As grandes infraestruturas de Galicia centraron parte deste encontro cos representantes do Consello Galego de Enxeñerías. Entre elas non faltaron a chegada do AVE, os aeroportos e os portos da comunidade autónoma. Babío salientou a “grande receptividade” do presidente da Xunta e da conselleira de Infraestruturas a todas as propostas plantexadas dende esta entidade.
Por outra banda, Alberto Núñez Feijóo amosouse moi interesado pola industria forestal, e polo desenvolvemento industrial e pola captación de inversión para Galicia. Sobre esta última cuestión, o vicepresidente do CGES, Oriol Sarmiento, explicou que “o enxeñereiros somos os principais activos para situar á nosa comunidade coma referente a nivel internacional e atraer maior número de inversores”. Unhas liñas nas que agardan colaborar estreitamente para obter os meirandes beneficios para o conxunto da comunidade autónoma. Sarmiento tamén felicitou ao executivo autonómico polos esforzos realizados en materia de innovación e internacionalización.
Finalmente, dende o CGES plantexaron a súa preocupación pola calidade da formación e os criterios de contratación do profesorado nas Escolas Técnicas de Enxeñería.
A voz da enxeñería en Galicia
O CGES naceu co principal obxectivo de ser a voz das diferentes ramas da enxeñería en Galicia, potenciando o traballo interdisciplinar e expoñendo as inquedanzas do sector ante os organismos públicos e privados. Entre os seus propósitos atópanse tamén avanzar na prospección da evolución científica e tecnolóxica en Galicia, desenvolvendo o I+D+i. A estos labores cómpre engadir a elaboración de informes e dictámenes sobre os asuntos que se lle sometan a estudo por parte das Administracións, entidades, corporacións e persoas físicas e xurídicas radicadas en Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Los lectores son responsables de los comentarios que publican y el ICOIIG se reserva la posibilidad de moderarlos en los siguientes casos:

- comentarios difamatorios, vejatorios, insultantes, injuriantes o contrarios a las leyes españolas.
- lenguaje soez. Los comentarios deben ser respetuosos y no podrán incluir amenazas ni ataques personales a nadie.
- comentarios que puedan ser considerados spam, publicidad comercial o material protegido por derechos de autor.
- comentarios enviados por robots o programas informáticos.

El ICOIIG se reserva la posibilidad de emprender las medidas legales oportunas si se lesionasen derechos de los colegiados en alguno de los comentarios del blog, responsabilizándose civil o penalmente el autor material de los mismos.